Levamos uns días traballando en grupos de tres para decorar unhas árbores de Nadal e empezar así, a decorar o corredor.
A profe preparou as árbores e nós fomos @s encargad@s de decoralo ao noso gusto. Pegamos pompóns, estrelas, adhesivos, algodón,... e quedaron moi vistosos; tanto, que os nosos compis da clase de 5 anos felicitáronnos polo noso traballo e animáronse a facer tamén uns.
Xa están todos rematados. Cando non falte ninguén ao cole habemos de sacar unha foto de grupo para poñer no blog porque quedou un mural moi bonito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario