En clase estamos a coñecer Venecia, unha das cidades máis fermosas de Italia; as súas canles, as góndolas, os lugares máis representativos e, por suposto, o entroido téñennos entusiasmados.
Isto é unha recompilación de toda a información que estamos a coñecer sobre a cidade.
Góndola |
As góndolas foron durante séculos o principal medio de transporte de Venecia e aínda desempeñan un papel importante, xa que serven como transbordo cara ás canles principais.
Vaporetto |
O vaporetto é como un autobús acuático e é o medio de transporte público típico de Venecia para moverse dentro da cidade ou cara ás outras illas da lagoa.
Praza de San Marcos |
A Praza de San Marcos atópase no corazón de Venecia e está considerada unha das prazas máis bonitas do mundo. Napoleón Bonaparte definiuna como "O Salón máis Belo de Europa".
A praza é o lugar máis baixo de Venecia polo que, cando hai "acqua alta" é o primeiro lugar en alagarse. Cando isto sucede, as autoridades colocan pasarelas para o tránsito dos cidadáns e visitantes.
Pombas na Praza de San Marcos |
É imposible ir a Venecia e non atoparse cunha destas aves, sobre todo en zonas como a Praza de San Marcos. En Venecia hai pombas en cada rúa, praza, fonte estatua, e inclusive en moitas xanelas dos edificios da cidade. Polo anterior, as pombas de Venecia son consideradas, do mesmo xeito que os gatos, mascotas da cidade.
Basílica de San Marcos |
A Basílica de San Marcos é o edificio relixioso máis importante de Venecia, centro da vida pública e principal monumento da cidade. Este belo templo sitúase na Praza de San Marcos, no mesmo centro da cidade.
A copia dos cabalos de San Marcos |
Os orixinais Cabalos de San Marcos están no interior da Basílica |
En 1797, Napoleón tomou os cabalos pola forza e levounos a París, onde foron usados no deseño do Arco de Triunfo do Carrusel, nese caso xunto a un cuadriga. En 1815 os cabalos foron devoltos á Basílica tras a derrota francesa.
Ponte dos Suspiros |
É unha construción barroca do século XVII que dá acceso aos calabozos do palacio. Debe o seu nome aos suspiros dos prisioneiros que, desde aquí, vían por última vez o ceo e o mar.
Ponte Rialto |
A Ponte Rialto é todo un símbolo de Venecia.
É a ponte máis antiga das catro que cruzan a Gran Canle.
É a ponte máis antiga das catro que cruzan a Gran Canle.
O Entroido de Venecia é único e impresionante. Remóntase ao S.XI e alcanzou o seu apoxeo e o S.XIII, durante o cal os aristócratas chegaban de todos os paises do mundo para celebrar este evento.
Este entroido ten unha concepción totalmente distinta á que temos en España ou en Brasil, a xente disfrázase con traxes de época do S.XVII e pasea polas rúas facendo que sintas que retrocediches no tempo.
Este entroido ten unha concepción totalmente distinta á que temos en España ou en Brasil, a xente disfrázase con traxes de época do S.XVII e pasea polas rúas facendo que sintas que retrocediches no tempo.
E sabedes unha cousa? temos unha auténtica máscara veneciana na aula. Aquí están as fotos que sacamos este venres con ela
Fotógrafo da profe: Sasha |
Estes días está a chegar moito material para axudarnos na nosa viaxe por Italia.
Sasha trouxo para o recuncho unha fotografía da Ponte Rialto e outra da Basílica de San Marcos, un diccionario de italiano (gústanos comprobar o nome de diferentes palabras noutro idioma) e un CD de Eros Ramazzotti
Lucas trouxo un montón de libros sobre Roma, unha miniatura de casco romano e unha imaxe da Torre de Pisa
Pedro Pérez debuxou a bandeira italiana e trouxo un libro de romanos e un atlas
Paula Ces unha réplica do coliseo romano e fotografías de lugares famosos italianos
Moitas familias vos estades animando a traer material doutros países que gardaremos no noso recuncho para aproveitar máis adiante.
Pedro meijueiro trouxo moita información sobre Londres e un atlas
Daniela un libro sobre o estilo "rococó" e Lucas un libro de Velázquez
E tamén seguen chegando fotos das visitas familiares a Santiago.
Pedro Pérez visitou a Catedral de Santiago e trouxo un montón de cousas (con regalo incluído de boli súper chuli para a profe); tamén repuxo forzas cunha rica pizza nun restaurante italiano. Este Pedro sí que sabe coidarse!!
E Aitana Citoula visitou a Cidade da Cultura e trouxo unha postal preciosa de lugares de Galicia
Moitas grazas a todas as familias que estades participando na posta en marcha do noso proxecto. Espéranos un ano cheo de "grandes viaxes"
Estes Sementeir@s no paran de viajar y aprender cosas nuevas, es estupendo!!
ResponderEliminarPreciosa la máscara Veneciana, igual que la ciudad. Es una suerte que puedan verla y disfrutar de ella.
Ana R.