domingo, 29 de enero de 2017

Preparando o Día da PAZ



Esta semana estivemos moi ocupados en infantil pois estamos a elaborar un mural conxunto as tres aulas para conmemorar o vindiero luns día 30 o Día mundial da non violencia e a Paz.
Click para restablecer imagen 
Quixemos relacionar o día coa temática do noso proxecto común e decidimos traballar un dos cadros máis recoñecidos do xenial artista Pablo Picasso: o GUERNICA
Guernica 
O primeiro que fixemos na Sementeira foi falar do cadro. En conversa colectiva fomos falando do que podiamos ver nel, das cores cos que estaba pintado, das emocións que nos transmitía ao velo,... todo o falado está recollido nunha nova sesión de xogar a pensar.
Despois a profe falounos do artista que o pintou. vimos na internet outras obras súas, fotografías e ata como era a súa firma.
 
 
 
 Picasso
E foi falar  do artista e PAULA trouxo para o recuncho un libro con moitas fotografías das obras de Picasso
A profe Ana tamén trouxo un boneco; recoñeces quen é?
Descubre todos los secretos del genial pintor malagueño
Entre as tres aulas dispuxémonos a encher de cor a nosa particular visión do Guernica, chea de cor para esquecer os horrores das guerras.
Imos un pouco xustos de tempo para ter o noso Guernica rematado para o luns, pero non nos negaredes que está quedando... ESPECTACULAR !!

1 comentario:

  1. Espectacular es poco....A nosotros nos gusta mucho mas que el original!!!Nuestros Sementeir@s han conseguido dar vida al Guernica!!!!

    ResponderEliminar