Onte mércores estivemos falando do navegante Cristóbal Colón e de como un 12 de outubro de 1492 descubriu o Novo Mundo.
Para achegarnos á súa historia dunha forma máis amena pedímoslle prestado á profe Teté un libro que teñen no seu recuncho do proxecto.
Encantounos e aprendimos un montón de cousas que non coñeciamos; por exemplo,...
Que Colón a onde realmente quería ir era ás Indias e acabou por descubrir América
Que os Reis de Portugal se negaron a financiar a viaxe de Colón e que os irmáns Pinzón lle prestraron axuda a cambio de viaxar con él
Que finalmente Colón recibiu axuda dos Reis Católicos e partiu coa súa tripulación en tres carabelas a Pinta, a Nena e a Santa María (Preguntádelle aos Sementeiros e Sementeiras en cal delas ía Colón e saberán respondervos)
Que tiveron unha travesía complicada porque houbo intento de motín a bordo, pero todo se solucionou cando Rodrigo de Triana berrou "terra á vistaaaaaa"
Que unha das tres caravelas non regresou a España e con ela construíron o "Forte Nadal"
Estas e outras moitas cousas seguro que volas poden contar os nenos. E como dixo AMAYA: "profe le tenemos que preguntar a nuestros padres si conocen a Cristóbal Colón".😁
Despois de ler o conto que nos prestaron na "Pementeira", buscamos información en internet e vimos un montón de fotografías.
O capítulo das tres mellizas xa o habáimos visto o ano pasado e acordabámonos da estatua que hai en Barcelona sobre o almirante.
Unha vez terminada a procura de información decidímonos a debuxar a estatua de Colón co brazo estendido sinalando América e estes foron os resultados
Nada más bajo del autobús Amaya me preguntó si conocía al señor que señalaba con el dedo y se puso a imitarlo.
ResponderEliminarMenos mal que no falle que iba a pensar de mi
ResponderEliminar