viernes, 13 de octubre de 2017

Recuncho

O noso recuncho medra a moi bo ritmo. Cada día chegan cousas novas coas que ir aprendendo e decorando a aula.
 
Keila contounos que ao seu papá encántalle pescar e trouxo unha fotografía cun peixe tan grande coma ela !
 
 
 
 
 
 
Adrián contounos que foi de visita ao Acuario Finisterrae na Coruña e trouxo estes recordos
 
 
 
Este libro pop-up de Carolina agocha moitas sorpresas no seu interior
  
o mural con información que fixo Andrea coa súa mamá e a súa tía é moi completo

Para ver este conto tivemos que apagar as luces e pechar as persianas. Encantounos !
 
 
 Mauro trouxo a invitación do cumple pirata de Sasha. Moi orixinal !
Lía visitou o Zoo de Madrid e trouxo varias fotografías. A do delfín despertou a nosa curiosidade.
 
 
O papá de Aitana é un experto buceador e tróuxonos dous álbums con fotos preciosas
 
Os quebracabezas gústannos moito
 
Algúns libros están repetidos pero non nos importa porque así podemos disfrutar deles máis compis ao mesmo tempo. Os que traen o esqueleto da quenlla e do golfiño gústannos moito.
As manualidades tamén son moi ben recibidas. Pronto vos propoñeremos algo !
 
 
 Lía visitou a Biblioteca Pública de Padrón e trouxo prestados tres libros
 
 

 Noelia trouxo estas cartas tan interesantes con información sobre animais mariños
Os piratas gustan moito na Sementeira

 
Paula trouxo un pedazo de rede dunha nasa e a agulla coa que se repara
 

Prometemos coidar moi ben as cunchas da avoa de Claudia😊
 
 

 E por último,... outra rica galleta para a hora da merenda relacionada co proxecto

  

6 comentarios:

  1. Cantas cousas interesantes. Outra vez máis o recuncho está a tope!!!

    ResponderEliminar
  2. Cómo aumenta ese recuncho vais a quedaros sin espacio en esa clase

    ResponderEliminar
  3. Ohh que bonito, vuestras caras lo dicen todo,y aun acabamos de empezar seguir asi disfrutar mucho aprendiendo sementeir@s

    ResponderEliminar
  4. Q ilusión muestran sus caritas!!!

    ResponderEliminar
  5. Cantos tesouros!!!e que ben o pasan os nenos!!

    ResponderEliminar
  6. Cantas cousiñas!!! CÓMO MOLAN!!!! Cada viaxe que faga preto do mar traerei algo!!!

    ResponderEliminar