domingo, 24 de diciembre de 2017

Bolsas, Portadas e,... unha sorpresiña

A semana pasada estivemos decorando as nosas bolsas para levar os traballos do 1º trimestre. 
O Nadal é o tema elexido para a decoración (non podía ser doutro xeito).
Antes de poñernos a traballar, fixemos un listado do material que necesitabamos no ordenador para que a profe non esquecera mercar nada, pois xa sabemos que lle falla un pouco a memoria.
 
 
 
 
  Con todo o material comprado (ou case todo), empezamos a traballar.
Nunha das caras da bolsa estampamos unha esponxa con forma de estrela mollada en témpera amarela.

 
 
 

 
 
 
 

Unha vez seca, puxemos expresión a cada estrela.
 
Na outra cara pintamos con espátula e témpera verde, e botamos purpurina.
 
 
 
 
 
Pintamos unha galleta moi apetecible se non fora porque é de cartón; puxémoslle ollos, botóns e pegatinas de estrelas. Rematamos a nosa decoración cunha tarxeta tamén de cartón co noso nome, unha estrela e un fantástico lazo vermello regalo do noso compañeiro Sasha (o caso é que a profe Ana mirou na tenda para comprar uns lazos pero eran demasiado caros e non os trouxo; Sasha buscou a solución e, ao día seguinte e con permiso da súa mami, trouxo un para cada compañeir@)😇

 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
Este foi o resultado final

 
 
 
o último día de cole marchamos moi contentos coas nosas bolsas



 
Nas portadas do noso libro de fichas quixemos imitar unha paisaxe nevada. Empregamos témperas, algodón e picamos os troncos das árbores.
 
 
 
Preparamos unha postal para enviar por correo ás casas. Tivemos que gardar moi ben o segredo para que fose unha sorpresa e, a algún Sementeiro e Sementeira costoulle un pouquiño non dar ningunha pista a papá e mamá. Esperamos e desexamos que todos os sobres chegaran ao seu destino.
Tivemos que pelexarnos un pouco co sobre á hora de meter a postal dentro; resultou unha tarefa un pelín complicada.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Escribimos o nome do remitente e decoramos a parte traseira do sobre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Por último pedimos axuda a Manolo para que nos levase as cartas a Correos. Pedro Meijueiro, que ese día era o encargado, explicoulle a Manolo moi concienciudamente, como tiña que facer.
 






 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E,... sabedes cal é o noso segredo para facer tantas cousas? pois a dose extra de azúcar que nos proporcionan as nosas compañeiras Amaya, Aitana Citoula e Carmen coas larpeiradas que trouxeron para compartir con tod@s nós 👌
 
 
 

3 comentarios:

  1. 😍😍felicidades por todos los trabajos,todo muyyy bonito!! Da gusto veros trabajar!! Felices fiestas a todos😘

    ResponderEliminar
  2. Buen trabajo Sementeir@S!!!! Ahora a disfrutar mucho de las vacaciones y de la magia de la Navidad os merecéis eso y mucho más!!!!Ahh y que sorpresa tan bonita de nuevo vuestra postal!!!!No dejeis nunca de brillar Sementeir@s!!!!Felices fiestas a todos!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Que traballadores son estos sementeiros; da gusto velos!! Encantounos a postal sorpresa que recibimos😊 !
    Moitas grazas a mama de shasha polos lazos e as mamás de Amaya;Carmen e Aitana por esas merendola tan dulces!

    ResponderEliminar