Hoxe recibimos a visita de catro compañeiras da clase de 2ºB da profe Sandra. Lara, Noa, Manuela e Mariña viñeron a contarnos que fixeron un Museo de Ciencias Naturais no corredor de primaria e invitáronnos a visitalo para poder ver, entre outras cousas, ilusións ópticas, xogar cos sentidos ou ver como funciona o aparato respiratorio. Seguro que nos pasaremos por alí !
Ao rematar a presentación sacamos unha foto pois Noelia e Lía estaban encantadas de que as súas irmáns se pasaran pola clase (e a profe Ana tamén con Noa, claro)
¡¡Que ilusión!! Seguro que esta xenial ese museo de ciencias e aprenderán moitas cosas 😁
ResponderEliminarBravo
ResponderEliminar