últimamente non facemos máis que recibir regalos na Sementeira.
Lía trouxo dous quebracabezas cos que xa non xogaba na casa e agora todos podemos disfrutalos.
Lucas fixo o mesmo e chegou cun cargamento de quebracabezas que nos encantan
Carmen trouxo bonecas e xoguetes para compartir.
As galletas que trouxo Pedro estaban deliciosas.
E do biscoito que fixo Ezequiel coa súa mamá non quedou nadiña de nada
Así que xa sabedes, se tedes na casa algún xogo ao que xa non lle facemos moito caso, podedes mandalo para a Sementeira; aquí será ben recibido e compartirémolo entre todos.
E por certo, temos un novo compañeiro na Sementeira; trátase nin máis nin menos que do Ratiño Pérez. Estamos desexando que nos caea algún dente e o noso amigo nos deixe algunha sorpresa. Moitas grazas Lía😊

No hay comentarios:
Publicar un comentario