sábado, 3 de marzo de 2018

Sylvia Earle

O día 8 de marzo conmemórase o Día da Muller Traballadora. Dende o Equipo de actividades complementarias e extraescolares organizouse unha exposición sobre mulleres relevantes na historia e na Sementeira quixemos participar. A muller elexida foi Sylvia Earle.
Sylvia é unha oceanógrafa, científica e activista que leva desde os anos sesenta investigando o mar e a súa relación directa coa vida no planeta. A súa paixón polo océano vén desde a infancia “O meu patio traseiro era o Golfo de México. Aí foi onde me namorei do océano. Podía velo, oílo, cheiralo, tocalo…” Aos seus oitenta e tres anos leva máis de sete mil horas de inmersión e se ten algo claro é que “sen océano, non hai vida; sen océano, non existimos”. A súa misión é “tratar de dar coñecer ao mundo o que está a ocorrer nos nosos océanos, porque tras o coñecemento vén a concienciación. Poida que non che importe, aínda que saibas o que ocorre, pero non che pode importar se non o sabes.
Repartimos as tarefas e escribimos un mural con moita información sobre a bióloga mariña.
Fixemos tamén unhas bandeiras para decorar a zona onde se van a colocar todos os carteis
O traballo debía conter unha foto da muller homenaxeada e unha caracterización da mesma por parte dalgún compañeiro ou compañeira. O día que fixemos as fotos, Aitana Citoula tivo a sorte de ser a encargada, e a súa foto é a que vai no noso traballo. Colocamos un fondo de pantalla do mar na pantalla dixital, vestimos unha camiseta negra, puxemos un chaleco salvavidas e as gafas de mergullo e,... ata empregamos a fregona para simular a varanda da escada dun barco. O parecido resulta bastante razoable non vos parece? nós pasámolo pipa disfrazándonos de mergulladores.
  Este foi o resultado final do noso traballo en equipo


Este venres recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Pementeira que nos falaron de Miriam Makeba, coñecida tamén como Mamá África, que foi unha cantante sudafricana e activista polos dereitos humáns. Explicáronnos que Miriam foi un símbolo da loita contra o apartheid.

Nós aproveitamos para contarlle tamén aos nenos e nenas da clase de catro anos todo o aprendido sobre Sylvia Earle.

Despois todos xuntos colocamos os nosos carteis e inauguramos a exposición.
Queda pois, oficialmente inaugurada a exposición que conmemora o Día da Muller Traballadora. Xa estamos desexando que se encha de carteis para visitala.

4 comentarios:

  1. Menuda exposición y trabajado habéis hecho Sementeir@s y todo esto lo habéis hecho adquiriendo nuevos conocimientos a través de la diversión, Enhorabuena chicos.

    ResponderEliminar
  2. Holaaa sementeiros!! Me encantan estos murales tan chulos y las fotos de submarinistas geniales, tuvo q ser super divertido hacerlas.

    Queria deciros que soy la mamá de Pedro Perez y que hoy recibí el regalo mas bonito do todos, el vuestro, me salieron las lagrimas de la ilusion que me hizo, es precioso, no cambieis nunca. Lo puse en la cunita de Iria para que lo vean todos los q vengan a conocerla.
    MUCHOS BESOS PARA TODOS LOS SEMENTEIROS, SOIS LOS MEJORES.

    ResponderEliminar
  3. Carai! Estades moi logrados; dixome lía que o pasarades xenial facendo as fotos. O teaballo final espectacular

    ResponderEliminar
  4. Sementeir@s precioso trabajo!! Como siempre es un gustazo ver lo bien que lo hacéis.
    Aprovecho para fecicitar a la mamá y papá de Pedro P.!!

    ResponderEliminar