O martes recibimos a visita de Iria, a mamá de Lía, que veu a contarnos o conto
DE QUE COR É UN BICO?
A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas,
ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor
será? Vermello coma unha deliciosa salsa de tomate? Non, porque tamén é a
cor de cando estás enfadado... Será verde coma os crocodilos, que
sempre lle pareceron tan simpáticos? Imposible, porque é a cor das
verduras, e non lle gusta comelas! Como podería pescudar de que cor é un
bico?
Na Sementeira xa sabemos a resposta😋
Ao rematar o conto Iria preguntounos de que cor eran os nosos bicos e, de súpeto, unha chea de corazóns de cores caeron sobre as nosas cabezas. Menuda sorpresa 👏👏👏👏👏👏👏
Tod@s quixemos probar os beizos de cores
E aínda había máis sorpresas porque unhas deliciosas galletas estaban esperando a ser devoradas. Lía foi a encargada de repartilas.
O conto xa forma parte da nosa biblioteca de aula porque Iria regalóunolo para que o poidamos disfrutar tod@s. De feito este venres xa viaxou nun pasaporte lector😉. Antes de despedila e darlle as grazas por todas as sorpresas da sesión, Lía fixo entrega á súa mamá do diploma co que agradecemos as vosas visitas; E levou tamén unha morea de abrazos e bicos sementeiros.

Que bonito Iria!!!!No hay mas que ver la carita de ellos les debió de encantar y que decir la cara de Lía...
ResponderEliminarGracias!! Foi un pracer! Portaronse moi ben e deronme tantos bicos e abrazos que case caemos o chan! 😊
ResponderEliminarMuchas felicidades Iria!! Quedaron encantadisimos!! 😘
ResponderEliminar