Un día despois de contar un conto de bruxas xurdiu a pregunta de si existirían de verdade. Tod@s chegamos á conclusión de que soamente existen nos contos e na nosa imaxinación. Despois fixemos unha lista no encerado de todos aqueles personaxes fantásticos que coñecemos.
Estas foron as nosas respostas: duendes, hadas, dinosaurios, fantasmas, vampiros, monstruos, mamuts, sirenas, brujas, dragones, Blancanieves, los Pitufos, Los Bolechas, Mickey, Minnie, Daisy, el Rey León, alienígenas, Hello Kitty.
Falando dos seres fantásticos que habitan nos bosques (trasgos, elfos, fadas,...), a profe Ana preguntounos se sabiamos o significado da palabra druída e como ninguén o tiña moi claro, buscamos información en internet. Lendo, averiguamos que posuían unha gran sabedoría e que eran moi respetados no poboado celta. Eso levounos a coñecer a Breogán, un rei celta; unha lenda conta que mandou construír a Torre de Hércules en Brigantia (A Coruña) para poder ver desde a súa punta máis alta a súa terra de orixe, Irlanda.
Vimos como eran os poboados celtas
E coñecemos un dos seus símbolos máis característicos: o trisquel
Despois de descubrir que adornaba os nosos percheiros, decidímonos a pintalo para decorar a aula.
Os celtas, os seus personaxes, mitos, lendas e historias gustáronnos tanto que decidimos
investigar un pouco máis sobre o tema. Naceu así o noso tema do proxecto
para este ano, a mitoloxía. Empezaremos polos celtas pero
viaxaremos por todo o mundo en busca de mitos e seres fantásticos que
chamen a nosa atención. Necesitamos a vosa colaboración e por iso
mandámosvos unha nota no caderno viaxeiro, para que nos axudedes a
recompilar información sobre o que esteamos a traballar na aula.
O noso Proxecto Trisquel xa está en marcha. Temos un recuncho na aula para ir recopilando todo o material e Alberto e Adela foron os primeiros en estrealo con dous libros sobre os celtas.
Paula anda un pouco perdida co proxecto🙄
ResponderEliminarCris tamen...pero empezaremos x ir a Torre de Hercules que ainda que xa foi ten moitas ganas de volver para ver a Breogan ��
ResponderEliminar