viernes, 12 de octubre de 2018

Lóxica-matemática e Sal

Na Sementeira dedicamos moitos momentos do día a traballar conceptos relacionados coa lóxica-matemática. Xogamos na PDI, realizamos actividades impresas, e sempre con material manipulativo, facemos quebracabezas, seriacións, actividades de cálculo e conteo, de diferenciación e asociación,...
Encántanos xogar pa pizarra dixital (cando temos a sorte de que funcione😓). Esta vez traballamos formas xeométricas.
 
 
 
 
 
 
Realizamos series de dous e tres elementos empregando selos.
 
 
 
 
 
Cando desdobramos coa profe de apoio e soamente hai un equipo na aula, estamos máis tranquil@s e aproveitamos para facer actividades individuais que requiren certa concentración e a supervisión da profe. De xeito voluntario imos pasando polos diferentes xogos ao longo da sesión. Hai quen prefire probar todos os xogos e hai quen queda nalgún bastante tempo. Por iso é polo que non tivésemos tempo nalgún caso, de pasar por todas as actividades.
O mércores foi o turno do equipo dos BARDOS.
 
 
 
 
 
 
 
 

Coñecemos un novo xogo, o PENTOMINÓ, figuras xeométricas compostas por cinco cadrados unidos polos seus lados. Consiste en encher un rectángulo sen deixar ocos baleiros nin superpoñendo cadrados.
 
  
O xoves foron os DRUIDAS os que quedaron na aula xogando.
Tivemos unha actividade intrusa porque para que non todas estiveran relacionadas coa lóxica-matemática, deixamos un recunchiño para practicar o trazo das letras maiúsculas. Temos unha caixa con sal na que practicamos as grafías das letras que imos buscando no diccionario.  Pero atopamos un pequeno problema; o sal que usamos é groso e non se distingue moito o resultado do noso traballo. Probaremos a cambialo por sal fino😉

3 comentarios:

  1. Olaya mamá Cristina15 de octubre de 2018, 0:22

    Que ben o pasan estes sementeiros... A Cris o que mais ye gustou foi o xogo dad pinzas coa cubiteira!!!

    ResponderEliminar
  2. Charo mamá e Aroa15 de octubre de 2018, 6:17

    Encántame ver como aprenden a través do xogo, a utilixación dos diferentes materiais e as novas tecnoloxias.
    Sen dúbida, non hai mellor maneira de aprender que divertindose no proceso. Solo hai que ver o concentrados que parecen estar todos facendo a súa tarea nas imaxes ��

    ResponderEliminar
  3. Guau cantas técnicas están traballando estés cativ@s!!! Que divertidas!!

    ResponderEliminar