Na Sementeira dedicamos moitos momentos do día a traballar conceptos relacionados
coa lóxica-matemática. Xogamos na PDI, realizamos actividades impresas, e
sempre con material manipulativo, facemos quebracabezas, seriacións, actividades de cálculo e conteo, de diferenciación e asociación,...
Encántanos xogar pa pizarra dixital (cando temos a sorte de que funcione😓). Esta vez traballamos formas xeométricas.
Realizamos series de dous e tres elementos empregando selos.
Cando desdobramos coa profe de apoio e soamente hai un equipo na aula, estamos máis tranquil@s e aproveitamos para facer actividades individuais que requiren certa concentración e a supervisión da profe. De xeito voluntario imos pasando polos diferentes xogos ao longo da sesión. Hai quen prefire probar todos os xogos e hai quen queda nalgún bastante
tempo. Por iso é polo que non tivésemos tempo nalgún caso, de pasar por
todas as actividades.
O mércores foi o turno do equipo dos BARDOS.
Coñecemos un novo xogo, o PENTOMINÓ, figuras xeométricas compostas por cinco cadrados unidos polos seus lados. Consiste en encher un rectángulo sen deixar ocos baleiros nin superpoñendo cadrados.
O xoves foron os DRUIDAS os que quedaron na aula xogando.
Tivemos unha actividade intrusa porque para que non todas estiveran relacionadas coa lóxica-matemática, deixamos un recunchiño para practicar o trazo das letras maiúsculas. Temos unha caixa con sal na que practicamos as grafías das letras que imos buscando no diccionario. Pero atopamos un pequeno problema; o sal que usamos é groso e non se distingue moito o resultado do noso traballo. Probaremos a cambialo por sal fino😉
Que ben o pasan estes sementeiros... A Cris o que mais ye gustou foi o xogo dad pinzas coa cubiteira!!!
ResponderEliminarEncántame ver como aprenden a través do xogo, a utilixación dos diferentes materiais e as novas tecnoloxias.
ResponderEliminarSen dúbida, non hai mellor maneira de aprender que divertindose no proceso. Solo hai que ver o concentrados que parecen estar todos facendo a súa tarea nas imaxes ��
Guau cantas técnicas están traballando estés cativ@s!!! Que divertidas!!
ResponderEliminar