Este venres foi moi especial na Sementeira porque estreamos o noso Pasaporte Lector; levamos un conto da biblioteca de aula para casa e o luns debemos traelo de volta para o cole. As instrucións van no pasaporte para que na casa nos guiedes á hora de cubrilo.
Escollemos un conto e gardámolo na nosa mochila xunto co pasaporte.
Pasaporte listo😀
Hai uns días recibimos unha carta de Siria, a mascota da biblioteca do cole, e o venres visitámola para disfrutar dos contos que coida a nosa amiga.
![]() |
Lois, o encargado do día, coa carta que nos escribiu Siria recordándonos as normas da biblioteca |
![](https://4.bp.blogspot.com/-kUHFoEpYnRc/W7ep0GBIxuI/AAAAAAAAo2s/xB-upTgHDMsQH0W683QhlPYLclxKAWwiQCLcBGAs/s320/IMG-20181005-WA0042.jpg)
![](https://2.bp.blogspot.com/-UxpfQ9CVVOM/W7eqZi6w8-I/AAAAAAAAo3A/jVldRwpC0MMu5yf4iFkoRZX5ZycITmrBQCLcBGAs/s320/IMG-20181005-WA0045.jpg)
¡Xenial! Encántame ver as caras de alegría dos nenos e nenas cando elixen o libro para levar a casa. Espero que sempre disfruten moito lendo!!!!
ResponderEliminarEncantounos a idea!!! Gustounos moito o libro q escolleu cris...xa estamos desexando q sexa venres de novo!!!
ResponderEliminar