Empezamos as sesións de contacontos de pais e nais na Sementeira. A primeira en visitarnos foi Rocío, a mami da nosa compañeira Paula. Contounos un conto moi divertido
Sofía é unha nena á que os seus pais
dinlle unha e outra vez que ten o malo costume de meterse o dedo pola
fosa nasal e,… vaille crecer o nariz! Pero ela non fai nin caso e ten sempre o dedo índice da súa man esquerda todo o día no interior do seu nariz.
E así é como coñeceremos a Tim: o seu dedo índice. Un dedo moi feliz
porque terminara construíndo unha casa no nariz de Sofía.
Unha casa con salón, cadeira de brazos e televisión, con cociña e ata
biblioteca. Unha gran casa, vaia.
Ao rematar o conto Paula fixo entrega do diploma co que agradecemos a visita de Rocío
E regaláronnos o conto para a nosa biblioteca de aula.
Moitas grazas pola visita e o regalo !!
Que chulada ese conto...idesmo ter que prestar pequen@s!!! E un aplauso a esa super mami!!! Os peques vianse encantad@s��
ResponderEliminarMenuda concentración,están tod@s super atentos, parece que triunfou🥰bravo Rocio!!! A ver se van tomando nota do do dedo no nariz🙈🙈
ResponderEliminar❤️❤️❤️Impoñen moito estes pequerrechos!!! Pero a verdade é que se disfruta vendo a atención que che poñen e esas cariñas de 😇😇😇. Moitas gracias profe Ana por facernos participar!!! Papis e mamis... Xa sabedes😜😜😜😜
ResponderEliminar