miércoles, 6 de noviembre de 2019

Pasaporte, Recuncho e Ioga

O venres pasado empezou a viaxe do noso Pasaporte Lector. Igual que o ano pasado, cada venres levaremos para casa un conto da biblioteca de ala. Este ano a folla do pasaporte é máis complicada que a do curso anterior. A primeira das follas fixémola  na biblioteca do cole despois de ler o conto de Cocorico para irnos familiarizando co que temos que escribir, debuxar, contar,...
 Seguen chegando materiais interesantes para o noso recuncho do proxecto.
Izan foi de paseo polo bosque e sacou moitas fotos.
Trouxo tamén un libro con solapas que ten moitos datos curiosos sobre as árbores.
Carlota e Paula asistiron a unha sesión de contacontos na que ata plantaron unha landra dentro dunha bota, e trouxeron a proba.
Bahiana trouxo un libro cun conto moi especial sobre unha árbore de Nadal.
 E tamén un herbario con moitas das follas que recolleu na súa visita ao Xardín Botánico de Padrón.
 Cristina falounos dunha árbore que medra nos polos e que en vez de suxeitarse coas raíces á terra faino ao xeo.
E trouxo fotografías de árbores peculiares.
Olivia trouxo unha folla de figueira.
A nai dunha ex-Sementeira agasallounos cunha árbore espectacular coa que, de seguro, ímos a xogar un montón pois trae tarxetas para colocar nomeando as partes desta fermosa maceira. Moitas grazas Zaira 😘
 Estamos inmers@s na decoración do corredor; estos días estamos pintando follas de carballo con acuarelas e lápices de cores. Separamos os lápices por tonalidades e foi toda unha motivación extra para pintar (sumada á de ter que afiar cando quedaban sen punta) 😉  Xa vos ensinaremos o resultado final pero adiantámosvos que está a quedar moi ben.
E hoxe na sesión de ioga xogamos ao "Señor Lobo"

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Guau😯cantas cousiñas para o proxecto!!! Que árbore máis orixinal Zaira!!!
    Moi boa idea a do xogo do lobo para ioga, 👏👏como disfrutan🥰
    E damos fé de que a folla a completar do pasaporte lector é máis dificil🤔a Carlota houbo algo que se lle olvidou
    escribir 🙈para a próxima a ver se da conta😁

    ResponderEliminar
  3. Olaya mamá Cristina7 de noviembre de 2019, 15:16

    Pero cantas cousiñas levades pequen@s!!! A arbore e xenial seguro que xogan e aprenden moito con el...

    ResponderEliminar
  4. De nadaaaaa!! Disfrutar y aprender mucho con ese árbol, Aitana y yo nos alegramos de que os gustase!! Muchos besitos😘

    ResponderEliminar