A semana pasada aproveitamos o bo tempo para saír a plantar na horta. Plantamos fresas, repolos e dúas árbores froiteiras. o profe Jose axudounos na plantación.
A través do conto "Las tijeras de Matisse" coñecemosa un novo pintor na Sementeira.
Nunha pequena cidade francesa, un mozo chamado Henri
Matisse pasábase o tempo debuxando. Cando creceu, trasladouse a París e
converteuse nun famoso artista. Xa maior, unha enfermidade grave
inmobilizoulle na cama e tivo que buscar valor para seguir amando a
vida… Un día recortou unhas formas en papel pintado. Estaba a debuxar
cunhas tesoiras!
Gustounos tanto a idea que xogamos a convertirnos en Matisse por un rato e fixemos unha composición conxunta empregando tesoiras, pegamento e folios de cores.
Xa somos todos uns expertos no manexo das tesoiras; mirade neste vídeo o concentrados e concentradas que estamos recortando 😄
Buscamos obras de Matisse en internet e unha delas resultounos coñecida,... Ícaro !
Pintamos con ceras e acuarelas "A Danza"
Hoxe estreamos xogos novos.
Co primeiro traballamos as sumas; temos que contar cos dados dobres que vos ensinamos a semana pasada e colocar tantas pedras como nos indiquen os dados. Olivia, Adela e Carlota foron as primeiras en darlle uso 😀
No outro xogo as sílabas que forman as palabras volvéronse un pouco tolas e cambiaron o sitio. Nós temos que escribilas en orde. Lois, Cristina, Aroa e Alba quixeron escribilas correctamente e non fallaron nin unha !
Pero que sorte teñen estes pequen@s...esas fresas van estar boisimas!!! Os xogos xeniais, asi aprenden tanto🤩
ResponderEliminarA coidar moito ese horto🍅🍓🥬🥕queremos ver os resultados😜
ResponderEliminarhoubo quen veu encantada cunhas pedras preciosas pa contar, e mira tí de que eran😂
😂😂😂EU sei de unha que estaba emocionada de andar ca carretilla!!!😂😂
ResponderEliminarEses xogos parecen moi entretidos👏👏