viernes, 24 de enero de 2020

Equilibrios e máis

Descubrimos un xogo novo na Sementeira no que debemos ir colocando en perfecto equilibro cada unha das pezas metálicas das que consta, axudándonos das marcas de suxeción. Parece fácil, pero coidado! Cada vez que engadimos unha nova barra, os pesos cambian, o equilibrio altérase e toda a estrutura transfórmase.

Hoxe estivemos na biblioteca lendo un conto novo e disfrutando dos libros.

E tamén xogamos coa plastilina. Hai un tempo descubrimos que as fotografías poden dar moito xogo 😀
Temos uns dados dobres cos que xogamos a facer sumas. Esta semana Lorena animouse a xogar con eles.
Os Reis Magos non esqueceron facer unha paradiña no cole para deixarnos uns agasallos. Ao volver das vacacións atopamos tres fantásticos regalos e Aroa que era a encargada tivo a sorte de poder abrilos: un dominó con posturas de ioga, pegatinas e un fantástico libro !
Xa o estreamos todo: xogamos co dominó, lemos o conto e utilizamos as pegatinas para traballar a escritura espontánea.

3 comentarios:

  1. Que xogo mais entretenido!!
    Que suerte que estes reises se acordaran destes nenos!! Seguro que estan encantados!!!

    ResponderEliminar
  2. Cantas cousiñas facedes pequenos!!! O xogo ten pinta de ser entretenidisimo. Carai pos reis magos, viñeron cargados, debedes ser moi bos😍

    ResponderEliminar
  3. Que ben o pasan estes nenos 😊asi ven tan contento para casa contando seguido alguna cousa que fixeron. 👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar