O pasado 8 de marzo conmemorouse o día da Muller Traballadora
Estamos levando a cabo unha secuencia didáctica adicada a coñecer algunhas das mulleres que cambiaron o mundo. Xa coñecemos a Cocó Chanel e a Jane Goodall.
Participamos nunha exposición sobre grandes mulleres galegas. A nosa elexida foi a pintora Maruja Mallo; coñecemos algúns datos curiosos da súa biografía e tamén algunhas das súas obras máis coñecidas. Con todo o aprendido fixemos a nosa aportación para o mural que decora o corredor do cole.
Aquí está o noso mural, feito en equipo. |
Elaboramos a nosa propia exposición de adexctivos que definen ás mulleres traballadoras. O primeiro que fixemos en asamblea foi redactar entre tod@s unha lista de adxectivos que, según nós, definen a todas as mulleres que coñecemos e máis preto temos. Despois, eleximos unha silueta e os adxectivos que máis nos gustaron da lista.
Gran traballo pequerrech@s, agora toca QUEDAR NA CASA, pero seguro que seguimos facendo un montón de cousas!!!!
ResponderEliminarOhh que chulada de bonecas!!! Algunga actividade faremos, que pena non ter onde imprimilo quebracabezas!!! Animo a tod@s peques💪
ResponderEliminarAgora tocanos quedar na casiña e botar en falta ós compis, ós profes e tod@ o traballo que facedes, pero seguro que nos vemos moi pronto🤞e coas pilas cargadas!!! Ata a volta.
ResponderEliminarPor certo que mamis traballadoras máis molonas😉🤣