miércoles, 4 de marzo de 2020

Pasqualinis Toromiro

Seguimos avanzando co noso Proxecto Arboretum e coñecendo árbores tan curiosas coma o Pasqualinis Toromiro, unha árbore que medra no Polo Norte e non necesita terra porque as súas raíces
agárranse ao xeo.
 Este foi o resultado final do noso traballo.
Xogar cos materiais que temos no recuncho do proxecto é unha boa forma de seguir reforzando os contidos traballados: reforzamos vocabulario, observamos os libros con curiosidade para atopar novos datos, traballamos a lectoescritura, a motricidade fina,...
 E segue chegando material novo que agradecemos moito porque nos axuda a manter vivo o interese, provoca novas investigacións na aula e sempre xorden propostas de traballo.
 Lembrades que Paula e Carlota plantaron landras nunhas botas? pois regando cada día un pouquiño xa disfrutamos dos nosos pequenos carballos na aula.
 Fai tempo saímos ao patio para facer un reconto das árbores que temos no cole.

3 comentarios:

  1. Guau, impresionante o mural, quedou precioso😍!!! Bo traballo👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. Ohh moi interesante, canto aprendemos con estes nenos. QUE CHULO QUEDOU!!! Este ano estamos moi participativos Co proxecto. Non Hai mellor excusa para disfrutar da natureza.

    ResponderEliminar
  3. Menudo mural!!!❤ que contentos levan as cousas para o proxecto🌿🌿 e canto aprenden!!!
    E bueno bueno bueno menudos 2 carballos,que boa vida lle dades, agora a buscar sitio pa plantalos....🌳

    ResponderEliminar