jueves, 23 de abril de 2020

23 de Abril


O 23 de abril é unha desas datas sinaladas no calendario; celébrase o día internacional do libro e a festividade de San Jorge en Cataluña, pero por que neste día en concreto? Para coñecer a orixe do día do libro temos que retroceder no tempo ata 1995, cando a UNESCO decidiu implementar esta data como día internacional do libro.
 O motivo? O 23 de abril de 1616 a humanidade perdeu a dous dos seus mellores escritores (curiosamente na mesma data), William Shakespeare e Miguel de Cervantes, así como un dos mellores poetas, Garcilaso de la Vega. O propósito desta celebración implementada pola UNESCO é dar a coñecer os beneficios da lectura no enriquecemento cultural, axudando a coñecer diferentes formas de pensar. Así como recoñecer a importante contribución dos autores ao progreso social e cultural.
O 23 de abril do ano 303 faleceu supostamente San Jorge. Segundo narra a lenda, ao sur de Cataluña habitaba un dragón, os habitantes, atemorizados, sacrificaban cordeiros para acougar a fame da besta. Un día, por votación popular, unha muller debía ser seleccionada como sacrificio humano, para evitar as desdichas que puidese traer o dragón aos habitantes. A votación popular seleccionou á princesa. San Jorge, un valeroso cabaleiro, non puido tolerar tal acto e decidiu plantar cara ao dragón. Tras unha dura batalla coa besta, San Jorge proclamouse vitorioso. Conta a lenda que co sangue derramado do dragón formouse unha rosa, que San Jorge entregou á princesa. Como mostra de agradecemento pola valentía mostrada ao liberala das fauces do dragón, a princesa escribiulle un poema a San Jorge (de aí a tradición de regalar unha rosa e un libro).
 
 


A proposta de hoxe estará relacionada con San Jorge
#euquedonacasa

A figura de Jorge de Capadocia está moi presente ao longo da historia.  Foron moitos os artistas que o inmortalizaron nas súas obras.
 Paolo Uccello
Rafael
Vasili Kandinski
Rubens
 Propóñovos que vos convirtades en pintores e/ou escultores, e fagades a vosa propia versión do noso protagonista de hoxe. 
Podedes facer un debuxo, modelar unha escultura empregando por exemplo plastilina, alambre ou calquera outro material moldeable que teñades por casa, e incluso vos podedes animar a recrear algún dos cadros ou esculturas sendo vós os protagonistas.
Preparamos unha Búsqueda do Tesouro
Ides a necesitar moitos libros para esta actividade ! 
Emprega a seguinte tabla para rexistrar todo o que atopes.




3 comentarios: