miércoles, 22 de abril de 2020

Día da Terra

O Día da Terra (oficialmente Día Internacional da Nai Terra) é un día celebrado en moitos países o 22 de abril. Instaurouse este día para crear unha conciencia común aos problemas da sobrepoblación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra. É un día para render homenaxe ao noso planeta e recoñecer á Terra como o noso fogar e a nosa nai, así como o expresaron distintas culturas ao longo da historia, demostrando a interdependencia entre os seus moitos ecosistemas e os seres vivos que a habitamos.
 A proposta de hoxe xirará arredor desta celebración
#euquedonacasa
No seguinte enlace tedes un xogo interactivo:
A nosa compañeira Carlota enviounos o reto de acertar esta adiviñanza.
Animádevos a facer a vosa! 
Con todas as que consigamos xuntar podemos elaborar un libro interactivo. Se vos apetece enviarme un vídeo lendo a adiviña será fantástico.
Podemos converternos en gardiáns do medio ambiente, facer o noso colar identificativo e pensar todas aquelas accións que poderiamos levar a cabo para coidar un pouco mellor o noso Planeta.
(ao final da entrada atoparedes un pdf para levar a cabo esta actividade)

E se facemos unha árbore con pezas soltas que atopemos pola casa?
mandade foto da vosa creación ! seguro que non haberá dúas iguais.

 Podedes elaborar un cartel que conteña unha frase adicada ao coidado do noso planeta.
Déixovos tamén algunhas actividades impresas: sopa de letras, colorear seguindo un código (sumas e restas), repaso de conceptos sobre a reciclaxe, quebracabezas, manualidades,...




Tedes novas actualizacións na páxina web do centro:
DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA

2 comentarios: