Segundo día de cole superado!
Hoxe escoitamos o conto do Polo Pepe, cantamos unha canción, estivemos de novo no recuncho do xogo simbólico e traballamos a motricidade fina nunha nova zona da aula.
BRIGADA VERDE
BRIGADA AMARELA
BRIGADA AZUL
Antes de marchar para casa limpamos as mans, para ir interiorizando esta rutina.
O material que estamos empregando estes días está separado por brigadas, de tal xeito que cada grupo ten o seu propio.
O luns continuamos co período de adaptación. Virán en dous turnos:
10:00 - 11:45 os grupos colaborativos 1 e 2
12:30 - 14:00 os grupos colaborativos 3 e 4
NON será necesario que traian mochila
Dende o centro pídese a cada alumno-a un paquete de 500 folios tamaño A4 80 gr/m.
Podedes entregarmo (co nome posto) a partir da semana que vén no momento de recollida dos nenos.
As familias que non entregastes a "declaración responsable" e/ou non vos puxestes en contacto a través do correo electrónico mandando unha fotografía do voso fillo-a (aulasementeira@gmail.com), facédeo o antes posible. Graciñas.
Déixovos o enlace á canción do Polo Pepe por se a queredes escoitar na casa
QUE DISFRUTEDES DA FIN DE SEMANA
Bo find a todos!. Gracias Ana por darnos a posibilidade de ver momentos nas aulas. Poder velos e compartilos con eles de Novo desde a casa é unha maravilla, non so nos permite ver cómo estiveron (importantísimo para nos) senon que permítenos traer un anaquiño do cole a casa para que eles se den conta de que ahora xa forma parte da sua nova rutina.
ResponderEliminarNon me fan moito caso cando lles saco as fotos (pasan de min😅), pero serven para que vexades o ben que o pasan. Todo son novidades estes días e asumen todo con moita naturalidade. Son uns campions e campionas!!
ResponderEliminarMoitas gracias poder velos no cole encantame. Veñen moi contentos e xa din que mañan po cole. Bo fin de semana. Un saudo
ResponderEliminarAroa tamen veu encantada os dos días e esta deseando q chegue o próximo día para volver o cole
ResponderEliminarGracias por facerllo tan facil
Encantado por todo.Lucas moi contento pola profe Ana
ResponderEliminarA verdad que con estas tecnologías podemos ver o que fan , como si estivesemos ali con eles , e así dende a casa podemos ver as fotos xuntos e poden contarnos o que fan , gracias Ana x o teu traballo e dedicación , Ana ven encantada , feliz fin de semana
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarGracias Ana por facer posible que os papis podamos ver como os nosos nen@s o pasan pipa. Todo gracias o teu traballo. Bo finde semanaaa a tod@s
ResponderEliminar