viernes, 11 de septiembre de 2020

 Segundo día de cole superado!

Hoxe escoitamos o conto do Polo Pepe, cantamos unha canción, estivemos de novo no recuncho do xogo simbólico e traballamos a motricidade fina nunha nova zona da aula.

BRIGADA VERDE

 






 









 
BRIGADA VERMELLA
 
 


 










BRIGADA AMARELA

 

 

 




BRIGADA AZUL




 










Antes de marchar para casa limpamos as mans, para ir interiorizando esta rutina.


 

O material que estamos empregando estes días está separado por brigadas, de tal xeito que cada grupo ten o seu propio.


 O luns continuamos co período de adaptación. Virán en dous turnos:

 10:00 - 11:45 os grupos colaborativos 1 e 2

 12:30 - 14:00 os grupos colaborativos 3 e 4

NON será necesario que traian mochila

Dende o centro pídese a cada alumno-a un paquete de 500 folios tamaño A4 80 gr/m. 

Podedes entregarmo (co nome posto) a partir da semana que vén no momento de recollida dos nenos.

As familias que non entregastes a "declaración responsable" e/ou non vos puxestes en contacto a través do correo electrónico mandando unha fotografía do voso fillo-a (aulasementeira@gmail.com), facédeo o antes posible. Graciñas.

Déixovos o enlace á canción do Polo Pepe por se a queredes escoitar na casa



QUE DISFRUTEDES DA FIN DE SEMANA


8 comentarios:

  1. Bo find a todos!. Gracias Ana por darnos a posibilidade de ver momentos nas aulas. Poder velos e compartilos con eles de Novo desde a casa é unha maravilla, non so nos permite ver cómo estiveron (importantísimo para nos) senon que permítenos traer un anaquiño do cole a casa para que eles se den conta de que ahora xa forma parte da sua nova rutina.

    ResponderEliminar
  2. Non me fan moito caso cando lles saco as fotos (pasan de min😅), pero serven para que vexades o ben que o pasan. Todo son novidades estes días e asumen todo con moita naturalidade. Son uns campions e campionas!!

    ResponderEliminar
  3. Leti mamá de Lucía e hugo11 de septiembre de 2020, 20:15

    Moitas gracias poder velos no cole encantame. Veñen moi contentos e xa din que mañan po cole. Bo fin de semana. Un saudo

    ResponderEliminar
  4. Aroa tamen veu encantada os dos días e esta deseando q chegue o próximo día para volver o cole
    Gracias por facerllo tan facil

    ResponderEliminar
  5. Encantado por todo.Lucas moi contento pola profe Ana

    ResponderEliminar
  6. A verdad que con estas tecnologías podemos ver o que fan , como si estivesemos ali con eles , e así dende a casa podemos ver as fotos xuntos e poden contarnos o que fan , gracias Ana x o teu traballo e dedicación , Ana ven encantada , feliz fin de semana

    ResponderEliminar
  7. Gracias Ana por facer posible que os papis podamos ver como os nosos nen@s o pasan pipa. Todo gracias o teu traballo. Bo finde semanaaa a tod@s

    ResponderEliminar