jueves, 3 de diciembre de 2020

Secuencia Didáctica

 Ao longo do mes de novembro traballamos na aula no desenvolvemento da nosa primeira "Secuencia didáctica", un conxunto de actividades que teñen un nexo común e nos axudan a traballar diferentes conceptos.

O tema elexido foi o conto "LoboFeroz" que tanto gustou na Sementeira. Fixemos diferentes actividades escritas encamiñadas a fortalecer a nosa motricidade fina, interiorizar conceptos lóxicos, coñecer e discriminar algunhas das letras do abecedario.

A primeira actividade que levamos a cabo foi a de recordar en gran grupo e de xeito oral todos os animais que aparecían no conto e que LoboFeroz quería comer. Despois buscamos os animais na ficha impresa e localizamos un que non aparece no conto, ao que lle tivemos que pegar un gomet encima.




 Percorrendo un labirinto onde LoboFeroz debía volver a casa, traballamos a orientación espacial

  

 



Os trazos verticais debían levar a cada lobo a un animal. Había que empezar no lobo e baixar seguindo os puntos ata o animal correspondente. A forma en que agarramos o rotulador non sempre é a adecuada (cóstanos traballo manipular correctamente os rotuladores e as ceras); por iso na aula se propoñen de xeito diario xogos encamiñandos a traballar a destreza manual manipulando pezas pequenas que nos axudan a coller soltura e controlar os dedos da man.






Realizamos series de dous elementos, primeiro coloreando os lobos e despois pegando gomets. Traballar a seriacións implica moita capacidade de concentración e atención.






Traballamos por primeira vez co punzón, unha ferramenta coa que demostramos a nosa precisión motriz. Picamos a letra "0", coloreámola e pegámola onde correspondía.



























 A úlitma actividade da secuencia fixémola de xeito individual, atendendo ás explicacións e consellos da profe. Tiñamos que buscar a palabra "lobo" e rodear a que estivera ben escrita. Para iso fixámonos en se as palabras a rodear tiñan "o" ou non. Aproveitamos a actividade para recoñecer e interiorizar unha nova letra do abecedario.

















Levaremos a secuencia para casa a finais de trimestre para que poidades ver con detalle os nosos traballos

No hay comentarios:

Publicar un comentario