Ao longo do mes de novembro traballamos na aula no desenvolvemento da nosa primeira "Secuencia didáctica", un conxunto de actividades que teñen un nexo común e nos axudan a traballar diferentes conceptos.
O tema elexido foi o conto "LoboFeroz" que tanto gustou na Sementeira. Fixemos diferentes actividades escritas encamiñadas a fortalecer a nosa motricidade fina, interiorizar conceptos lóxicos, coñecer e discriminar algunhas das letras do abecedario.
A primeira actividade que levamos a cabo foi a de recordar en gran grupo e de xeito oral todos os animais que aparecían no conto e que LoboFeroz quería comer. Despois buscamos os animais na ficha impresa e localizamos un que non aparece no conto, ao que lle tivemos que pegar un gomet encima.
Percorrendo un labirinto onde LoboFeroz debía volver a casa, traballamos a orientación espacial
Os trazos verticais debían levar a cada lobo a un animal. Había que empezar no lobo e baixar seguindo os puntos ata o animal correspondente. A forma en que agarramos o rotulador non sempre é a adecuada (cóstanos traballo manipular correctamente os rotuladores e as ceras); por iso na aula se propoñen de xeito diario xogos encamiñandos a traballar a destreza manual manipulando pezas pequenas que nos axudan a coller soltura e controlar os dedos da man.
Traballamos por primeira vez co punzón, unha ferramenta coa que demostramos a nosa precisión motriz. Picamos a letra "0", coloreámola e pegámola onde correspondía.
A úlitma actividade da secuencia fixémola de xeito individual, atendendo ás explicacións e consellos da profe. Tiñamos que buscar a palabra "lobo" e rodear a que estivera ben escrita. Para iso fixámonos en se as palabras a rodear tiñan "o" ou non. Aproveitamos a actividade para recoñecer e interiorizar unha nova letra do abecedario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario