O martes da semana pasada fixemos a nosa primeira visita á horta do cole. Plantamos leituga e fresas, exploramos a contorna, buscamos vermes e caracois e pasamos unha xornada moi entretida.
Ao día seguinte fixemos unha actividade impresa relacionada co traballo na horta.
E o venres coa axuda do profe Jose plantamos unha árbore, en concreto un laranxeiro que esperamos medre forte na horta do cole Rosalía.
Ao pé do laranxeiro sementeiro plantamos tamén herbas aromáticas.
Hoxe luns aproveitamos o bo tempo e saímos ao patio a pintar con xiz. E como se achega o final do segundo trimestre, empezamos coa decoración das bolsas nas que levaremos os nosos traballos.
Madre mía como traballan 👏👏👏gracias x compartir o que fan , encantanos velos traballos, gracias profe Ana
ResponderEliminarPero que traballadores están feito!!!!
ResponderEliminarBravo pequenos, como disfrutan ��
ResponderEliminar������Bravo!!!!!
ResponderEliminarPero que ven o fan os nosos Sementeir@s.Sementar Sementareiii..... 😍😍😍 Gracias Profe Ana
ResponderEliminarPero que ben!!! Aproveitando o bo tempo para ir a horta e pintar coas tizas!!! Que caras de felicidade!!!
ResponderEliminar