sábado, 20 de marzo de 2021

Semana da Prensa

 A semana pasada celebramos no cole a "Semana da Prensa na Escola", unha commemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula.

Na Sementeira fixemos unha pequena conversa colectiva e falamos sobre o periódico. Aquí están as respostas que achegaron os nenos e nenas que se animaron a participar.

 
 Despois estivemos vendo un periódico e buscando fotografías, letras,... houbo moitas cousas que chamaron a nosa atención. Cando nun equipo atopaban por exemplo unha fotografía, o resto de equipos afanábanse en atopala tamén no seu exemplar.



















Unha vez lido o periódico, démoslle outros usos máis divertidos😉
Primeiro unha guerra de bolas de papel,...























 No seguinte vídeo podedes ver a guerra de bolas en acción

... e para rematar, unha bomba xigante que non podía caer ao chan.











 
O Equipo de Dinamización da Lingua propuxo elaborar un periódico con noticias inventadas que tiveran un nexo común: a cooperación. Nós participamos no apartado da axenda, elaborando o anuncio dun espectáculo de títeres.

 















E aquí está o resultado do noso traballo en equipo

1 comentario:

  1. Jeje, o avó fixolle ilusión!!

    Que ben o pasaron na semana da prensa, sobretodo cando facían bolas e as tiraban, jajaja

    ResponderEliminar