miércoles, 12 de mayo de 2021

Mix de Xogos Primaverais

Temos moitas propostas novas na aula que nos axudan a reforzar conceptos de lóxica-matemática.

Onte martes por exemplo, estivemos repasando a serie numérica ata o cinco asociando número e cantidade




 

 












 Facer series cos xirasois de Van Gogh é un dos nosos xogos favoritos








 







Empregamos os policubos para colocar tantas pezas como flores ten a tarxeta. Imos contando en alto para interiorizar a serie numérica




 








Os cadros de doble entrada desenvolven nos nenos e nenas habilidades de discriminación visual. Desenvolver o razoamento lóxico-matematico é parte da preparación para as matemáticas. Así pois este xogo é un excelente produto para que exerciten o pensamento que permite descubrir conexións entre conceptos, neste caso relacionados coas figuras xeométricas básicas.


 
Interiorizamos diferentes formas xeométricas  xogando a colocar  cada tarxeta no seu lugar.
 


 

O recoñecemento visual dos números e a interiorización da súa grafía son os obxectivos do seguinte xogo que vos amoso.

 

 

 

 

 

Asociar número e cantidade ata o 10  ou ata o 5 tamén ten un espazo na aula



 

 

 

 

Repasar trazos axuda a progresar no dominio da motricidade fina e a interiorizar a direccionalidade na escrita convencional dos números.






 Para rematar, aproveito esta entrada no blog para contarvos dúas cousas importantes; a primeira é que xa empezan a agromar os nosos xirasois. Estamos emocionad@s !



E a segunda é que este luns moitos Sementeiros e Sementeiras que ademais se portaron moi ben, levaron para casa o seu Diploma por comer moita froita; é un imán que podemos colocar por exemplo, na neveira.

















3 comentarios:

  1. Grazas profe Ana por amosarnos todo o traballo 💜

    ResponderEliminar
  2. E unha maravilla ver os traballos e ver cómo van evolucionando no aprendizaje , gracias profe Ana , x compartir do que facedes na aula

    ResponderEliminar
  3. Pero que ocupados estiveron!!! O diploma de comedor de froita xa ten sitio na nosa nevera. Grazas Ana por toda a tua dedicación

    ResponderEliminar