Aproveitamos a chegada da primavera para crear na aula un pequeno recuncho adicado aos insectos. Estas semanas estamos coñecendo o seu nome en galego e tamén en inglés, algunhas das súas características, vendo vídeos en internet, facendo actividades impresas, xogando nos recunchos con diferentes propostas,...
A partir do conto "Unha eiruga moi larpeira" investigamos sobre o ciclo de vida das bolboretas. Temos un xogo que nos recorda as fases que vimos en internet.
Hai un novo habitante na Sementeira, un grilo. Investigaremos as súas características
Contamos o conto "A xoaniña rosmona"
A partir do conto fixemos unha actividade impresa que consistiu en debuxar unha xoaniña fixándonos moi ben en todos os detalles. Cantas patas teñen a cada lado, a forma que ten o seu corpo, se ten ou non antenas,... Despois de observar con detalle as láminas que temos na aula fixemos o debuxo, de xeito individual coa profe supervisando a tarefa. Estampamos a palabra xoaniña con selos e o último foi pintalas para colocalas no corredor do cole.
Hoxe sábado está de cumple o noso compañeiro IZAN
E como non nos veremos no cole para festexalo, onte foi o seu día. Soprou as velas da tarta e levou para casa un agasallo moi especial: unha postal firmada por todos os compis da Sementeira.
PARABÉNS IZAN
Pero que traballadores están estos sementeiros
ResponderEliminarPero que artistas estan feitos estos pequenos!! Parabens Izan
ResponderEliminarParabèns Izan!!!! Xa tes 4 anos!!!Que bonita postal,encantame!!!! Así levan un recordo dos compañeiros!! Pero canto traballan os sementeiros! E ademáis temos un grilo na aula, pois a coidalo moito!!
ResponderEliminar