O mes de maio na Sementeira foi un non parar de actividades.
Para celebrar as Letras Galegas fixemos diversas actividades relacionadas co homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán
Lemos un conto no que a través duns prismáticos máxicos coñecemos moitos aspectos da vida do autor; fixemos os nosos prismáticos e non sabedes a de cousas que podemos ver a través deles 😉
"Ipanema" era o nome do barco no que Florencio Delgado emigrou a México e nós debuxámolo
Thiago e Izan fixeron unha escultura onde Don Florencio foi o protagonista |
Para ilustrar o noso traballo buscamos ideas no libro que temos na aula |
Cando trasladamos a aula ao patio, aproveitamos para alimentar a nosa planta carnívora cos pequenos insectos que atopamos
Temos un novo entretemento nun dos recunchos da aula: pintar nas fiestras con xiz líquido
O pasado martes celebrouse na biblioteca do cole a Feira do Libro. Visitámola e mercamos dous libros para a aula
Remato esta entrada felicitando a PAULA BARREIRO, que esta semana estivo de aniversario
Repartiu galletas para tod@s, soprou a candea e levou para casa o libro cos debuxos dos compis
Felicidades Paula B.!!!!!!
ResponderEliminarY menudos días mais ajetreados tuveron estos sementeiros
Mimadriña cantas cousiñas nos trouxo maio...traballachedes moitisimo!!! Parabens a cumpreañeira🥳🥳🥳
ResponderEliminarQue divertido y cuántas experienciaso, cuanto aprenden día a día!! Felicidades Paula!!!
ResponderEliminar