No ano 2005 nace o Proxecto Ríos en Galicia, coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dos organismos Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.
A semana pasada recibimos unha visita enmarcada dentro das actividades que se están levando a cabo no centro co "Proxecto Ríos". Con Nina alvela aprendemos moitas cousas sobre a forma de vida prehistórica.
E co escultor Camilo Seira recibimos unha clase práctica de como se gravaban os petróglifos; aprendemos que antigamente preparaban as súas ferramentas golpeando unhas pedras contra outras e despois, con moita paciencia, ían desgastando a capa superficial da rocha onde facían os seus deseños.
Que ben o pasan estos cativos no cole. Así da gusto...gracias profe Ana!!😊😊
ResponderEliminarQue actividade tan interesante, encantame... que sorte tedes pequenos!!!
ResponderEliminar