viernes, 3 de junio de 2022

Tri-cumples, unha Kalimba e moitas máis cousas

 Esta semana tivemos celebración por partida triple

BRUNO e ANA celebraron o pasado luns o seu quinto aniversario con tod@s @s compis da Sementeira















 
Ana repartiu chocolatinas para tod@s
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Aquí están os debuxos que se levou Bruno de regalo para casa
















 e aquí están os de Ana

















A metade de semana tocou celebrar o cumple de CHLOE, que trouxo chuches e bombóns para a profe


































E rematamos as celebracións festexando os cinco anos de ALBA






























Seguimos coñecendo instrumentos dentro do noso proxecto "Musiqueamos". Esta vez foi o turno da kalimba, un instrumento popular africano do que agora disfrutamos na aula pois forma parte do material dun dos recunchos de xogo



















Continuamos aprendendo sobre a flora e fauna dos ríos. En conversa colectiva recordamos todo o traballado e unha maneira divertida de facelo é empregando a nosa ruleta; saímos voluntari@s e exlicamos todo o que sabemos sobre o animal ou planta que toca na ruleta



Estamos a piques de rematar o noso "Libro dos Ríos" con toda a información que estamos a manexar na aula. Esta semana continuamos traballando na súa elaboración








Podemos disfrutar dun novo entretemento no patio traseiro pois temos encerados nos que deixar a nosa pegada creativa




Ocorréusenos decorar esta nova zona e fixemos banderíns onde os protagonistas son os insectos. Aprendemos o seu nome en galego, pintamos, punteamos con rotuladores de colores e decoramos cada banderín coloreándoos cunha serie de tres cores diferentes

























Remato esta entrada con algunhas fotos da sesión de ioga do xoves. Empezamos en posición de "Svastikasana", sentad@s coas pernas cruzadas, e facemos a invocación a "Patañjali", un ritual de homenaxe a agradecemento aos grandes mestres que nos transmitiron a sabiduría do ioga

 

 

Este xoves practicamos diferentes asanas no chan: "Matsyasana" ou postura do peixe,"Navasana" ou postura do barco e "Dhanurasana" ou postura do arco








Rematamos as sesións coa relaxación. Aroa e Celia foron as encargadas de relaxar coa nosa "xoaniña" aos compis



2 comentarios:

  1. Pero canto traballan e canto aprenden estos sementeiros!!!!
    E moitas felicidades a todolos cumpleañeros: Ana, Bruno, Chloe e Alba

    ResponderEliminar
  2. Felicidades a los cumpleañeros!!! Cómo nos gusta en casa el yoga, y esos banderines chulísimos, una súper decoración de exterior 😍

    ResponderEliminar