miércoles, 20 de septiembre de 2023

Encargad@s

 Esta semana empezamos a establecer algunhas das rutinas que nos acompañarán ao longo do curso; unha delas é a "Hora da Asamblea", momento no que nos reunimos tod@s e, unha vez postos os mandilóns e cantado as cancións de benvida, escollemos ao encargado ou encargada. 

Estes días a súa tarefa é a de pasar lista, facer un rexistro do tempo, entregar a inicial do nome de cada compañeiro-a e amosarnos un conto que cantamos en gran grupo. 


Co paso dos días iremos aumentando estas tarefas ata facer un panel máis completo. Onte o primeiro en saír do bombo da sorte foi Roi e hoxe tocoulle o turno a Mía. A quen lle tocará mañán?  😉


Pegamos unha pegatina nun cadro de dobre entrada para rexistrar as veces que somos encargad@s


Nesta fotografía Roi está comprobando a quen corresponde a nicial que ten na man para entregarlla ao compañeiro-a correspondente


Tod@s coa nosa inicial !

Rexistramos o tempo que fai colocando unha arandela onde corresponda

Pasamos lista, saudando aos compañeiros-as e colocando a súa fotografía na casa ou na escola segundo corresponda



Cantamos a canción "Lúa" seguindo os pictogramas que nos amosa Roi








Onte fixemos unha primeira aproximación ao noso nome. Pouco a pouco irá estando presente en moitos recunchos da aula coma os percheiros, os casilleiros, o panel,... para que nos vaiamos familiarizando coas letras que o compoñen estivemos decorándoas con témpera pero en lugar de usar o tradicional pincel, empregamos bastóns dos oídos para estampar a pintura.
 

















E mentres uns traballan, outros xogan 
 













Fixemos estrea da plastilina e gustou moito !









Xa vedes que na Sementeira non temos tempo a aburrirnos
😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario