viernes, 22 de septiembre de 2023

O aniversario de Alessia

 Hoxe foi un día moi especial na Sementeira porque festexamos o aniversario de Alessia

Decorou a súa coroa, soprou a candea da tarta (a tod@s lle chamou a atención que soamente había unha candea e non tres 😉), cantámoslle unha canción e degustamos unha caixa de galletas da que non sobrou nadiña














Onte contamos na aula o conto "Corre corre cabaciña" e fixemos un traballo impreso de xeito individual onde a tarefa máis difícil non foi buscar e rodear as cabazas senón agarrar de xeito adecuado o rotulador. Observei a dominancia lateral de cada un-unha e o xeito espontáneo de agarrar o útil de escritura. O correcto agarre do lapis requere un bo desenvolvemento madurativo primeiro da súa motricidade grosa e, posteriormente, da motricidade fina que é a que lles vai a permitir un control preciso dos movementos de mans e dedos. É moi importante correxir canto antes un mal agarre do lapis polo que a partir de agora levaremos a cabo moitas actividades de carácter motriz fino que lles axuden a coordinar e sincronizar os movementos das mans.
 

 
 











Remato esta entrada amosándovos aos encargados do xoves e o venres. O xoves Mía sacou do bombo a foto de Alessia e hoxe tocoulle o turno a Mateo
Mía sacando do bombo a foto do seguinte encargado-a








Alessia sacou do bombo a foto de Mateo











1 comentario: