Na Sementeira non paramos e todo son acontecementos esta semana!!
Onte martes foi o aniversario de MÍA e festexámolo por todo o alto con degustación de biscoito incluída
Recibimos a visita de Vanessa, do CIM Terras de Iria con motivo da celebración do 25N; fixemos un obradoiro no que a partir da historia do Monstro de cores traballamos a temática da violencia e as diferentes emocións que nos provocan os comportamentos violentos
Hoxe foi día de ioga coa novidade de que empregamos por primeira vez as esterillas e tivemos que descalzarnos; todo un acontecemento! 😉
Contamos o conto "Conejito y sus amigos"
e despois lembramos as asanas practicadas a semana pasada e coñecemos dúas novas
Padahasthasana ou postura da cigüeña
Virabhadrasana ou postura do guerreiro 1 (a máis dificil ata o de agora)
Fixemos tamén o noso rexistro de consumo de froita
Levamos un tempo traballando na decoración do corredor e xa podemos contarvos que temos rematado o mural dos nosos percheiros, no que nos convertemos en buzos que exploran o fondo mariño
Un último acontecemento que contarvos,... no patio apareceron varios cogomelos que chamaron a nosa atención polo seu gran tamaño. Estivemos a observalos detidamente pero sen tocalos porque eran velenosos polo que estivemos a falar da importancia de non manipular os cogomelos se non os coñecemos pois algúns son comestibles e están deliciosos pero outros son bastante perigosos
No hay comentarios:
Publicar un comentario