sábado, 11 de noviembre de 2023

Somos de plastilina

 Coa chegada do mes de novembro iniciamos unha nova rutina semanal na Sementeira; a partir de agora os mércores serán moi especiais pois practicaremos Ioga. 

A través do xogo e a imaxinación, non só aprenderemos posturas básicas (asanas), tamén aprenderemos a escoitarnos e coidarnos. Tal vez mentres practican ioga  non sexan conscientes de que están a estirar as costas, fortalecendo os seus músculos ou traballando o equilibrio e a concentración, pero están a facelo. Están a facer iso… e moito máis. O manexo da respiración e as diferentes posturas do ioga permiten que os os nenos desenvolvan habilidades de concentración, atención, memoria e relaxación. 

Os nenos e nenas que practican ioga tamén conseguen: aprender a respirar,  fortalecer os músculos, obter maior flexibilidade e equilibrio, mellorar a concentración, adquirir conciencia do seu propio corpo aprendendo a recoñecer cada unha das súas partes, estimular a súa creatividade e imaxinación, aprender hábitos de postura correctos da columna vertebral, agudizar os seus sentidos,... finalmente, o ioga tamén fomenta a amizade e o compañeirismo, pois algunhas das súas posturas traballarémolas en parellas ou grupos.

Este mércores contamos o conto "Mi papá es de plastilina" e partindo desta idea, imaxinamos que o noso corpo era de plastilina e fomos á aula de psicomotricidade para gozar da nosa primeira sesión de ioga.

Practicamos tres asanas: 

 a primeira foi Vrikshasana o postura da árbore







a seguinte foi Adho Mukha Svanasana ou can boca abaixo

 




rematamos practicando Balasana ou postura do neno ou da pedra. Aínda que non o pareza, esta asana foi a máis complicada de todas




 Finalmente relaxámonos con Makarasana ou postura do crocodrilo. Durante a relaxación a profe vai pasando unha xoaniña polo noso corpo. Resulta moi complicado aguantar as cóxegas sen moverse!


Os mércores son tamén os días da froita; fixemos estrea do noso "Froitómetro", que rexistrará o noso consumo de froita ao longo do curso











Aproveito esta entrada para amosarvos algunhas das novas propostas que temos na aula dende fai tempo. Eliminamos o recuncho da casiña para poder disfrutar doutros xogos que cambiarán ao longo das semanas en función dos temas que estemos traballando; temos abecedarios, pezas soltas para construír números, xogos de sombras, de agudeza visual, de texturas e de conteo.
















































Seguen chegando cousas para compartir no noso recuncho do proxecto; MATEO trouxo un quebracabezas que temos pendente montar


LOIS trouxo animais mariños e un xogo de pesca que está a facer as delicias dos Sementeiros e Sementeiras










No hay comentarios:

Publicar un comentario