viernes, 24 de mayo de 2024

Laika

 Seguimos aprendendo cousas relacionadas co espazo  e o noso recuncho medra día a día. Todos os días aprendemos algo novo; xa sabemos, por exemplo, que os aneis de Saturno están formados por xeo e son sete, que a lúa e o satélite natural do planeta Terra e que tardamos un ano enteiro en dar a volta ao Sol, sabemos a que se dedican os astrónomos e para que serven os observatorios, diferenciamos entre meteorito e asteroide, que Mercurio é o planeta máis pequeno e Xúpiter o máis grande, quen foi o primeiro home en pisar a lúa e como se chamaba o seu foguete, o nome da primeira muller astronauta,... e un montón de cousas que pouco a pouco imos gardando dentro das nosas cabeciñas












Coñecemos a Galileo Galilei e descubrimos que inventou o telescopio








 A cadeliña Laika calou fondo nos corazóns dos Sementeiros e Sementeiras 😉










































As propostas de xogo volveron a estar bastante concorridas






















































Coa axuda da P.D.I. repasamos o vocabulario espacial e disfruamos xogando ao memori



Na sesión de ioga xogamos a "Que hora é señor Lobo?", un xogo tradicional cunha variante para practicar diferentes asanas, en concreto tres (árbore, cobra e can boca abaixo)







Como podedes comprobar, foi unha semana intensa na Sementeira. E iso que nos quedan cousas por contarvos porque empezamos as actividades coas que participaremos no Proxecto Ríos (pero iso xa volo amosaremos cando estea rematado) 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario