Este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas todas as aulas de Educación Infantil traballamos de xeito conxunto na elaboración dun mural onde floreceron moitas das fermosas palabras que ten o noso idoma. Na Sementeira primeiro pintamos as flores (algunhas con ceras brandas e outras con acuarelas), despois eleximos as palabras e por último pegámolas no mural que colocamos no patio traseiro do cole
Festexamos este día por todo o alto visitando a Fundación Camilo José Cela para disfrutar dun concerto a cargo do xenial Pakolas! Moitas grazas pola invitación! desfrutamos a tope!
No hay comentarios:
Publicar un comentario