Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 5 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
jueves, 25 de septiembre de 2025
A toupiña...
... que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
Ese foi o título da obra de teatro que, convidados-as polo Concello de Padrón, disfrutamos a tope este pasado martes no Centro Social da vila.
Hoxe na aula recordamos a saída e escribimos un pequeno resumo; tamén pensamos que foi o que máis nos gustou e fixemos o correspondente debuxo
Onte a sesión de ioga variou un pouco e fixemos un xogo de coordinación motriz grupal co que non faltaron as risas.
Ao rematar picnic, rexistro do "Froitómetro" , debuxos con xiz e búsqueda de cogomelos
Antes de marchar ao comedor sempre temos tempo de xogar en gran grupo. Estes días estamos a resolver pequenos problemas matemáticos para recordar e refrescar conceptos traballados o curso pasado.
Seguimos disfrutando das propostas de libre circulación da semana pasada pois tiveron bastante aceptación. Cambiamos a organización da aula e engadimos un novo espazo onde a lectoescritura terá moito protagonismo ao longo do curso.
E coa chegada da nova estación o panel loce outonal.
Unha das cancións de benvida que cantamos todos os días e que máis nos gusta é precisamente a relacionada coas estacións.
O pasado luns recibimos ao outono xogando ao Bingo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario