Xa se achega a festa máis terrorífica do ano,...
... e na Sementeira estamos a decorar as zonas comúns de Educación Infantil. O venres pasado fixemos siluetas das nosas mans (primeiro en parellas e despois de xeito individual) para colocar nas fiestras e na porta; quedaron espeluznantes!
Debuxamos a cara dunha bruxa. Primeiro buscamos inspiración en internet e despois, seguindo as directrices da profe fixemos un debuxo dirixido que colocamos enriba dos nosos percheiros; practicamos trazos, figuras xeométricas e horientación espacial; como tarefa final puxemos nome ás nosas bruxas.
Seguindo coa decoración do corredor, estamos cosendo teas de araña, unha actividade con bastante dificultade; deben enfiar a la na agulla e coser pasando todo o fío cada vez por cada buraco. Todavía temos compis que non pasaron por esta actividade pero esta semana de seguro que estará rematada porque lles gustou moito a proposta.
Hoxe levamos a cabo unha actividade onde o máis dificil non foi facer pelotas coas follas de periódico, senón distribuirnos es tres equipos. Ao principio agrupáronse de tres en tres; despois a agrupación foi de dous equipos; finalmente conseguiron repartirse en tres grupos pero ao principio estaban descompensados polo que tiveron que irse movendo ata equilibrar os tres grupos. Non tivemos tempo de rematala polo que mañá seguiremos engurrando papel.
Xa sabedes que o mémori é un dos xogos favoritos na Sementeira e sempre que temos algún tempo morto, aproveitamos para botar unha partida. Con este en concreto aproveitamos para traballar vocabulario en inglés.
Déixovos o enlace por se queren xogar na casa
A semana pasada levamos a aula ao patio e merendamos, traballamos e xogamos aproveitando o bo tempo
As propostas de libre circulación xa están preparadas para disfrutar a tope esta semana
Hoxe en gran grupo fixemos unha recopilación de personaxes terroríficos que coñecemos a través dos contos
Anotámolos nunha cartolina
Despois de contalos chegamos á conclusión de que realmente coñecemos poucos personaxes terroríficos polo que decidimos pedir a vosa axuda para recopilar contos cos que poidamos ampliar esta lista tenebrosa; entre tod@s redactamos a nota que despois escribimos na libreta de comunicacións; tamén debuxamos algúns dos nosos personaxes favoritos
No hay comentarios:
Publicar un comentario