Estas últimas semanas na Sementeira foron frenéticas pois tivemos un calendario cheo de actividades. Visitounos un padronés (avó dunha compañeira de primeiro de primaria), que tivo a honra de portar a antorcha olímpica nos xogos de Barcelona 92
Sempre que podemos subimos ata a biblioteca para disfrutar dos contos
Recibimos a visita da mamá de Lara para contarnos a historia dunha mofeta que cheiraba a piruleta, un conto co que aprendemos que a verdadeira beleza non se atopa no exterior, senón nos xestos de bondade e cariño cara aos demais

Tamén nos visitaron os pais de Mía; a través do conto "Ratoncita y el muro rojo" faláronnos dos medo e como ao enfrentarnos a eles podemos descubrir a liberdade pois moitas veces non levamos a cabo os nosos soños por medo ao fracaso
Festexamos o aniversario de Paulo e regalámoslle os nosos debuxos
Fixemos un xogo de coordinación motriz con aros e en equipo
![]() |
| Marchamos a buscar os ovos de chocolate saltando igual que os coellos |
Levamos para casa os nosos traballos; na portada do libro de recordos o protagonista foi un caracol e na bolsa evidentemente, o noso amigo coello
FELIZ PASCUA


















































































































































































































































No hay comentarios:
Publicar un comentario