Onte visitounos Vanessa, do CIM Terras de Iria, para falar dos diferentes tipos de familias. O obxectivo principal desta actividade foi aprender a valorar a riqueza e a diversidade social na que vivimos, entender que existen moitos tipos de texturas familiares e, sobre todo, reforzar o orgullo e a autoestima de cada neno e nena respecto ao seu propio fogar

Rematamos enchendo unhas cartolinas de cor, historias e, sobre todo, do agarimo que desprenderon todas as vosas imaxes. Moitas grazas pola vosa colaboración e implicación nesta proposta!




















