Hoxe pola mañán moitos sementeiros e sementeiras viñan coas mochilas cargadiñas de material para o noso recuncho das xoaniñas. Chegaron entusiasmad@s e xuntamos un montón de cousas: contos, enciclopedias, fotografías, peluches, crebacabezas,... ata temos bombóns! Pouco a pouco iremos mirando con calma todas as cousas que están a chegar.
Hoxe empezamos por mirar o libro que trouxo o noso compañeiro Daniel
"Pregunta á Dra. Peteiro sobre os animais"
Aprendimos que as xoaniñas olen e saben moi mal, motivo polo cal os paxaros non as queren comer (calquera paxaro que trate de comer unha xoaniña cuspiráa ao momento e nunca máis intentará comela de novo pois as cores brillantes da nosa amiga recordaranlle que non está nada rica)
No hay comentarios:
Publicar un comentario