Para festexar as Letras Galegas todos os nenos e nenas de cole baixamos a Padrón para disfrutar dunha estupenda sesión teatral a cargo do grupo "Migallas" titulada "O libro máxico"
Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa mentres os pais van a
unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes decide
investigar nun baúl onde o pai gardou moitas cousas para que non se
manchasen coa pintura, pois está pintando a casa. Alí atopa un libro
vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas empezan a pasar cousas
estrañas e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse na aventura
de piratas que está escrita no libro.
Nin que dicir ten que o pasamos de rechupete.
Guauuuu!! A segunda excursión do curso e dos pequenos!!! Que guayyy!!! Moitos bicos para tod@s!! A ver cal é a próxima...
ResponderEliminarAs profes de infantil xa estamos argallando algo pero... toca esperar!! jejeje
ResponderEliminar