A tarde do luns pasado adicámola a observar máis de preto a nosa plantación de bulbos.
O primeiro que fixemos foi colocar as macetas en fila e contar cantas había en total.
O resultado foron 8 macetas. Comprobamos quen tiña na nosa lista de nomes o número 8 e a profe escribiuno no chan.
Despois ordenámolas por tamaño, de maior a menor.
Este é o bulbo máis grande |
Con algunhas macetas tivemos dúbidas así que as comparamos para poder colocalas na orde correcta |
Cando chegamos ao final tod@s nos decatamos de que había un bulbo que todavía non agromara e dispuxémonos a averiguar o motivo.
Desenterramos o bulbo e o primeiro que vimos foron as raíces ¡¡vaia susto!!
O problema era que estaba nacendo torcido e enterrado. Colocámolo de novo na maceta e tapámolo para que puidese seguir crecendo. Ao día seguinte xa estaba dereitiño tomando o sol que lle chega pola ventana.
Hoxe, xoves, colocamos os calendarios correspondentes ao mes de maio e continuamos facendo o noso rexistro diario.
Mirade as fotos
Gústanos moito facer esta recollida diaria de datos;
E se a profe non se acorda xa estamos nós para recordarllo:
profe, no hicimos el "rexistro"
POBRE PABLO. CADA MAÑANA ME LLEVA A LA VENTANA DE SU CLASE PARA QUE VEA SU PLANTA Y ÉSTA NO CRECE. LO LLEVA MAL PERO AHORA QUE ESTÁ SOLUCIONADO EL PROBLEMA ESPERO QUE PUEDA DISFRUTAR DE ELLA. IMPRESIONANTE COMO EST@S NIÑ@S SE HAN TOMADO TAN EN SERIO ESTA ACTIVIDAD.
ResponderEliminarBESOS Y FELIZ DÍA DE LA MADRE!!!