Como xa sabemos tod@s na Sementeira, este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado ao poeta Don Xosé María Díaz Castro.
No corredor do colexio temos un taboleiro con moita información sobre este autor.
Tamén hai un espazo adicado ao concurso organizado pola Biblioteca. Moitas grazas a todas as familias que estades a participar na elaboración do cuestionario enviado ás casas.
En Educación Infantil tamén nos sumamos a esta conmemoración e fixemos un recuncho con diferente material sobre Xosé María Díaz Castro pero tamén sobre Rosalía de Castro; como xa sabedes, o vindeiro venres 30 de maio terá lugar no colexio un festival de recitado de poemas sobre esta autora e nós estamos a aproveitar para coñecela un pouquiño mellor.
Estas son as fotos do noso recuncho
Algúns compañeiros e compañeiras están a traer diferente material relacionado co tema do recuncho
Pablo Piñeiro trouxo un debuxo de Rosalía pequeniña |
Alessandro trouxo unhas galletas cun poema de Xosé María Díaz Castro |
Iria trouxo un libro de poemas |
Xa vedes cantas bolsas nos están a chegar. Daniela tamén trouxo unha pero non temos foto |
O venres pasado, un día antes da celebración do Día das Letras Galegas, adicamos a tarde a pintar unha carouta do homenaxeado e levámola para casa
Con motivo da celebración do recitado de poemas de Rosalía estivemos coloreando unha caricatura da poeta
Por último, contarvos que estamos inmersos nos ensaios da nosa actuación do día 30.
O poema de Rosalía de Castro elexido por Educación Infantil leva por título "XAN".
"Rosalía Pequeniña" é un audio libro con poemas de Rosalía convertidos en cancións, que inclúe a que nós estamos a preparar para o Festival
Estos días esta é a banda sonora que nos acompaña cando traballamos. Esta canción é unha das nosas preferidas
Q ben o fan!! Estes nenos e nenas son uns auténticos artistas!!! Xa estou deseando velos pois xa me pedín o día d vacaciones jajajaja Biquiños para todos os sementeiros
ResponderEliminar