martes, 27 de mayo de 2014

Pancarta de Rosalía

A semana pasada estivemos coloreando con témpera e pincel as letras que compoñen o nome de Rosalía de Castro.
 Este luns a profe díxonos que con elas iamos  facer unha pancarta, é dicir, "un cartel muy, muy grande" en palabras de Pablo Piñeiro, que lle explicou aos compis o significado da palabra.
Aquí están algunhas das fotos da semana pasada dándolle cor ás letras
Tocaba pois facer unha pancarta.
O primeiro que fixemos en parellas foi pegar gomets de diferentes cores nas letras 





Despois colocamos as letras en fila 
Estiramos a cartolina que fai de pancarta e como era tan grande decidimos medila. Primeiro medimos cos corpos dos compañeiros-as
Pero non atopamos unha medida exacta pois sobraban "pernas". O resultado da medición era 3 nenos e un pouco de outro. Pablo Piñeiro dixo que el as encollía e asunto arranxado;
Colocouse unha compañeira menos alta que Pablo, pero tiñamos o mesmo problema
Decidimos entón probar  se a lonxitude da pancarta era igual á do noso tren e puxémonos todos en fila ben apretadiños. Cabiamos tod@s!
Por último empregamos un sistema de medición moito máis convencional: o metro que nos prestou a profe Teté; e apuntamos a medición para facer unha suma total
A nosa pancarta mide 3 metros e 64 centímetros (bueno, máis ou menos)
Xa para rematar pegamos as letras do nome de Rosalía en orde e sacamos unha foto co resultado final
Pasamos unha tarde moi divertida facendo a nosa pancarta para a festa do venres. Esperamos que o tempo nos acompañe e a poidamos colgar fóra.


5 comentarios:

  1. A pancarta quedou chulísima!!!!!! Parabéns chicos/as!

    ResponderEliminar
  2. MUY CHULA LA PANCARTA (ES DECIR EL CARTEL MUY, MUY GRANDE)! HA QUEDADO MUY BONITO. Y COMO SIEMPRE DIVIRTIÉNDOSE Y APRENDIENDO A LA VEZ.
    POR LO QUE ME TOCA, YA VEO QUE PABLO TIENE IDEAS, DEFINICIONES Y SOLUCIONES PARA TODO. ME HE REÍDO MUCHO CON SUS OCURRENCIAS.
    GRACIAS ANA!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ya sabes que Pablo es muy participativo. Esa tarde yo me lo pasé muy bien con las ocurrencias que tuvieron y la profe Teté, que andaba por allí también se lo pasó pipa, me consta

      Eliminar
  3. Fantastico o traballo da pancarta. Pero gustoume moito a idea da medición. Buscar métodos nos de medida. BOA IDEA. NORABOA.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. grazas Pili. Temos que mercar un metro de forma urxente!

      Eliminar