Este venres é o Festival adicado á figura de Rosalía de Castro, e xa estamos a ultimar pequenos detalles para que todo saia ben.
Este xoves pola tarde estivemos colocando a pancarta decorada coas caras de Rosalía que levaron os nenos e nenas para pintar na casa. Unha vez máis quero agradecervos a vosa implicación neste tipo de actividades pois fostes moitas as familias que partipastes.
Manolo axudou na súa colocación. Grazas! |
Estas son as pancartas da Pementeira e do Paseo do Espolón
E aquí está todo o muro decorado por todas as clases do cole
Antes de marchara a ensaiar a nosa actuación, quixemos sacar unhas fotos
Vémonos na festa!
Canto traballastedes todos os sementeiros, as sementeiras e , por suposto, a sementeira maior que pon un pouco de orden en toda esta "feira (medieval, claro)"
ResponderEliminar