Este luns pasamos toda a mañán na biblioteca traballando e escollendo o conto viaxeiro dos venres.
A profe Noelia foi a encargada de contarnos o conto "o país dos mandóns". Como xa sabedes, este venres iremos a Padrón a ver unha representación teatral baseada neste conto.
Despois do conto fixemos o traballo impreso; unha ficha onde completar varias cousas. Utilizamos o ordenador e a pantalla dixital para traballar.
Mentres rematábamos a tarefa, outros compañeiros e compañeiras escollían o conto viaxeiro do venres e gardábano na súa carpeta
E cando rematamos de traballar estivemos mirando os libros sobre o espazo que temos na biblioteca
No hay comentarios:
Publicar un comentario